Reflexión II: Amara Berri

Considero que o proxecto de Amara Berri é moi pertinente para a aplicación do recurso xornalístico á ensinanza de idiomas na etapa secundaria posto que as actividades de aula non se diferencian das actividades vitais das persoas. Tamén ten moito que achegar o xornalismo a respecto da necesaria búsqueda de información e contraste de fontes que o alumnado debe realizar. A defensa oral das actividades de aula paréceme outro punto de encontro entre o xornalismo e este proxecto, que permite un beneficioso trasvase de competencias (linguaxe corporal, locución, etc.).

Comments

Popular Posts