Reflexión III: Cooperativa escolar Verdemar

O concepto de cooperativa escolar paréceme moi interesante para a potenciación e o crecemento do ser humano dentro da contorna social e medioambiental na que está inmerso. Os valores cívicos, a importancia de sentirse parte e de participar activamente da comunidade, así como a relación harmoniosa, respectuosa e sustentable co espazo que habitamos son cuestións que axudan a consolidar unha aprendizaxe realmente significativa para a vida. Este despertar da conciencia paréceme unha base fértil para calquera materia que logo sementemos, xa sexa inglés, bioloxía ou calquera outra. 

Comments

Popular Posts