Reflexión I: O docente innovador
A ensinanza do inglés abrangue múltiples cuestións retadoras, entre elas as que teñen que ver coa natureza práctica da lingua. Ao igual que acontece cando aprendemos a tocar un instrumento ou a conducir, o mero coñecemento das regras teóricas non asegura a consecución do obxectivo. Por este motivo, considero que a adquisición da competencia comunicativa en inglés pode beneficiarse de forma significativa do emprego de contidos non teóricos que axuden a interiorizar a lingua. Neste proceso, o docente –como xestor– pode innovar mediante dinámicas que permitan sinerxías con outras disciplinas e fontes de coñecemento. Neste sentido, considero que existen grandes beneficios no uso das ferramentas xornalísticas para o ensino e aprendizaxe do inglés. O papel predominante da lingua no exercicio xornalístico e a fonda relación entre xornalismo e cultura son dous aspectos que poñen de relevo a pertinencia do uso do recurso xornalístico para a innovación e renovación educativa na aula de inglés.
Comments
Post a Comment