Entornos virtuales de aprendizaje: Rúbrica con Rubistar

No documento 2 da materia de Innovación propónsenos ao alumnado a creación dunha actividade que inclúa o uso dalgún dos recursos mencionados no dito documento e vencellados aos EVA (entornos virtuales de aprendizaje). 

Eu escollín Rubistar, unha ferramenta online totalmente gratuíta que permite crear rúbricas de xeito sinxelo e intuitivo. O recurso permite o acceso a unha ampla variedade de documentos para a estandarización da avaliación, categorizados en función da materia. 

No meu caso, optei por crear unha rúbrica para unha presentación oral en inglés. A actividade consiste na preparación dunha exposición sobre un tema da materia. O alumnado será avaliado en función de seis criterios: a preparación da presentación, o seu contido, o límite de tempo, o vocabulario empregado, a claridade no uso da lingua e a linguaxe corporal a través da postura e o contacto visual. Todos eles serán tidos en consideración de cara a obter unha cualificación que reúna criterios de obxectividade e transparencia. 

Aquí deixo un exemplo de actividade para unha clase de 2º da ESO coa que se podería empregar esta rúbrica. Neste caso trátase dun traballo individual pero tamén podería formularse en grupo, en cuxo caso precisariamos unha rúbrica para cada alumno/a do grupo que podería conter aspectos ligados ao seu desempeño persoal e outra para o grupo como colectivo, contemplando cuestións relativas a contido e colaboración. 


ORAL PRESENTATION ACTIVITY

1. Choose one of the following topics and prepare a small presentation you will need to deliver in front of the class. Your presentation will be evaluated in terms of preparation, content, vocabulary, length and clear use of spoken language and body language. Please read the following considerations carefully and take them into account before presenting your topic to the class. 

TOPICS: house chores, traffic signs, prepositions, irregular verbs, the weather, the family, people and crime, going on holidays. 

CONSIDERATIONS:

- The ideal presentation has 10 to 20 slides and shouldn't last longer than 20 minutes.

- Remember you must rehearse before presenting.

- Your content must be relevant in terms of topic and audience.

- Make sure you use a good range of vocabulary and expressions to showcase your English knowledge.

- Your body language also matters! Make sure you stand up right and make eye contact with your audience. 






Comments

Popular Posts