Skip to main content

Posts

Featured

Reflexión VI: Colegio Santa María la Blanca

O elevado grado de dixitalización, o mapa curricular elaborado polos propios docentes, a ausencia de deberes e a atención persoal ás necesidades e características de cada discente son pilares que constrúen un proxecto sen dúbida revolucionario en comparación coas tradicionais escolas. Neste escenario, a materia de inglés podería beneficiarse claramente do uso de infinitos recursos interactivos en liña e da progresión individualizada do alumnado. Mais se cadra, este alto grado de individualización que caracteriza o Colexio Santa María la Blanca pode desembocar nunha potencial atomización do alumnado. Dende o meu punto de vista, vivimos inmersos nun sistema que promove e premia o egoísmo. Neste sentido, penso que as escolas deben contribuír a corrixir os desequilibrios naturais do sistema, exercendo de axentes de socialización e promovendo aqueles valores relacionados co traballo en equipo, a solidariedade ou o altruísmo. 

Latest Posts

Moovly-based lesson: English Sayings

Reflexión V: Centro de Formación Padre Piquer

Reflexión IV: IES Miguel Catalán

Entornos virtuales de aprendizaje: Rúbrica con Rubistar

Educaplay: The Anglosphere

Educaplay: alphabet soup

Voki-based lesson: A sense of humour

Reflexión III: Cooperativa escolar Verdemar

Reflexión II: Amara Berri

Reflexión I: O docente innovador